Teatro de Ningures na mostra de teatro de Gondomar

Imprimir

Este sábado 24 de novembro, a Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño de Gondomar continúa coa participacion da compañía Teatro de Ningures, "Emigrados". Varias olladas de autores galegos sobre a emigración.

 

En "Emigrados" decidímonos por unha historia múltiple que, engarzada, constitúe un mosaico de pezas de distintos autores e autoras que, unha por unha, dende o tratamento específico da emigración, da inmigración, do retorno, do desenraizamento, compoñen un cadro xeral que permite apreciar nidiamente o drama individual e social que supón estoutro xeito de "exilio".

 

Ficha
- Dirección: Etelvino Vázquez
- Autores: X. M. Pazos, Suso de Toro, Anxos Sumai, Sonia Torre e Cándido Pazó
- Elenco: Casilda García, Sonia Rúa, Mónica Camaño, Santiago Cortegoso, Fran Paredes e Salvador del Río
- Xénero: Drama
- Duración: 1 hora 30 min.
- Público preferente: Adulto
-Lugar: Auditorio Lois Tobío
- Hora: 22: 30 h
- Entrada: 3 euros Venda: en taquilla
- Organiza: a Concellería de Cultura de Gondomar e IGAEM

+ info: 986 363 913