Préndeme lume

Imprimir
Que mellor que comezar o día cunha boa versión dun gran clásico. Desta volta traivos unha versión do coñecidísmo tema dos "The Doors" , o "Light my fire".

Este tema ven da reinterpretación do mesmo por parte do guitarrísta de orixe vasco-francés Sylvain Luc , que comeza o seu último traballo "Joko" con este tema. Pola miña parte penso que se trata dunha pequena xoia que denota a maestría deste guitarrista englobado dentro do estilo jazz, que o meu parecer quédaselle corto esta etiqueta. Por otra banda dicir que facer unha reinterpretación dunha peza tabn coñecida sempre é complexo e moi sinxelo caer en tópicos estilistas, non hai mais que escoitar o disco homenaxe a Andrés do Barro.

A formación que participa neste diesco é a seguinte: Sylvain Luc (guitarra); Pascal Rey (batería); Michel Portal (clarinete bajo); Eric Longsworth (violonchello); Olivier Ker Ourio (armónica); Jacky Terrasson (piano); Keyvan Chemirani, Bijan Chemirani (daf, zarb, bendir, udu)

Dim lights Embed Embed this video on your site