Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Presentación do anuario do Instituto de Estudios Miñoranos

Presentación do anuario do Instituto de Estudios Miñoranos

Correo-e Imprimir PDF

O próximo venres 14 de novembro ás 20:30 h. no Café Rañolas (Rúa Otero Pedrayo, 3) de Gondomar terá lugar a presentación do número 3 da Revista de Estudios Miñoranos correspondente ao ano 2003.

No acto participarán o arquitecto Xaime Garrido; o estudioso dos petroglifos Francisco Xabier Costas Goberna e o escultor Fernando Casás, colaboradores os tres neste número, así como os profesores Bieito Legaspi e Carlos Méixome, membros do Consello de Redacción da revista.

Este novo número do anuario da revista de estudios do Instituto de Estudios Miñoranos está mellorado no seu deseño e presentación así como tamén aumentou considerablemente no seu tamaño acadando as trescentas páxinas.

Nesta ocasión e como ven sento tradicional o anuario está dividido en tres seccións. A primeira son artigos de fondo, mentres que a segunda denominada â??O meu Val Miñorâ?? é unha sección de creación literaria, mentres que a terceira é un repaso polas actividades do Instituto ao longo do pasado ano.

  •  A primeira das seccións comeza cun estudio da arqueóloga Rosa Villar Quinteiro, especialista no Paleolítico, sobre as pezas de Chan do Cereixo (Portavedra-Gondomar) depositadas no Museo do Pobo Galego polo arquitecto e descubridor do xacemento Xaime Garrido xusto nos 25 anos do descubrimento desta importante estación do Paleolítico.
  •  Continua cun traballo dos membros do Clube Espeleolóxico Maúxo, Eduardo Méndez e Xosé Bernardino Costas Goberna, sobre os útiles atopados no xacemento do â??Laghoa dos Bromúsâ??- â??Os Arruídosâ?? en Vincios-Gondomar.
  •  O estudioso dos petroglifos Fernando Xabier Costas Goberna da conta na súa colaboración de como descubriron os petroglifos de Auga da Laxe ou Pedra das Procesións en Vincios-Gondomar e do seu labor de difusión dos mesmos coas visitas de Jean Clotes, Director da Comisión de Arte Rupestre da UNESCO e de Emmanuel Anati Director do Centro de Estudios Camunos de Italia.
  • Petroglifos pero agora históricos son os estudiados polo arqueólogo Roberto Rodríguez Ã?lvarez no seu traballo sobre os gravados rupestres do Concello de Oia.
  • O medievalista Xoán Bernárdez Vilar achega luces e documento sobre a pretendida disputa acerca do nome de Baiona nas súas  Consideracións acerca de Baiona e o Rei Afonso.
  • Do profesor Xulián Maure, membro da Xunta de Goberno do IEM recollese un artigo, publicado con anterioridade no que se estudia a substitución do galego polo castelán a partir de dous documentos notarias de Baiona  de 1518 e 1522.
  • Sobre a  aldea medieval de San Cosme fan a súa achega os novos investigadores Soraia Domínguez e Alberte Valverde. Mentres que Manuel L. Caldas Fernández aproxímanos unha chea de datos sobre  mariñeiros e pescadores de Baiona no século XVIII.
  • O asiduo colaborador do anuario do IEM Xosé Manuel Malhiero aporta outro traballo sobre o labor educativo das Escolas Pro-Val no seu traballo Ignacio Ares de Parga e a educación democrática.
  • Mentres o Clube Espeleolóxico Maúxo fai un estudio de catalogación das cavidades naturais da Serra do Galiñeiro.
  • Dúas documentadas  contribucións ao estudio de Baiona son as de Xosé María Bouzó: Baiona. Patrimonio e turismo e a do arquitecto e asiduo colaborador do anuario Xaime Garrido no seu traballo: En defensa do patrimonio de Baiona.
  • As andoriñas das vilas no Val Miñor á aportacións do estudioso da natureza Estanislao Fernández de la Cigoña.
  • A sección remata con O tempo como espacio un texto ilustrado do escultor e membro do Instituto de estudios Miñoranos  Fernando Casás.
  • A sección de creación O Meu Val Miñor conta nesta ocasión coa colaboración do escritor Fran Alonso e dos poetas Demetrio López Garrrido, Chema Bouzó, Miguel Anxo Mouriño, así como coa segunda entrega da Estampas Gondomareñas de Antonio de Bade.