Emotiva homenaxe aos nove de Baredo en Baiona

Imprimir
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
O domingo pasado celebrouse a ofrenda froral aos nove veciños do Val Miñor asasinados impunemente fai 70 anos na Bombardeira en Baredo. Dende aquela o lugar é coñecido como A VOLTA DOS NOVE. 

As mans populares riscaron no chan, á beira da estrada, nove cruces que cultivaron a memoria durante décadas. Dende hai un ano á arbore de bronce e os loureiros ideados polo escultor Fernando Casás serven de merecida homenaxe ás víctimas da sublevación fascista.


Dim lights Embed Embed this video on your site Os nove da Volta dos Nove:
Manuel Aballe Domínguez, Felicísimo Antonio Pérez Pérez, Elías Alejandro Gonda Alonso “O Ghonda”, Manuel Francisco Lijó Pérez “O Lijó” , Modesto Fernández Rodríguez “O Rei Chiquito”, Fidel Leyenda Rodríguez, José Rodríguez González “O Pelonio”,
Manuel Barbosa Durán “O Ferreiro do Burgo” , Generoso Valverde Iglesias.

Nesta ocasión tamén se pronunciaron unhas palabras para os 17 veciños do Val Miñor e os 24 veciños que preceron no Val Miñor  aos que a infamia lles arrincou a vida.

Carlos Méixome anunciou a permanencia e continuidade da Comisión Volta dos Nove para a preservación do conxunto patrimonial artístico como son o monumento e as obras cedidas por artitas miñoráns (fotografía, pintura e poesía) que se exposuron o pasado verán no Barco da Memoria amarrado no peirao do porto de Baiona.

Duras críticas á desidia do concello de Baiona.
O director do Institutos de Estudos Miñorán suliñou o grande abandono por parte do Concello de Baiona e o incumprimento das súas promesas de colaboración na conservación e finanzamento do pequeno espazo axardinado que arroupa o monumento de Fernando Casás.

Por elo a comisión da Volta dos Nove volveu a solicitar a colaboración cidadá para poder sufragar os gastos dos 20.000 euros que custou o conxunto artístico para os homenaxeados.


INGRESO na conta de Caixanova  2080 0528  66 0000005960
TARXETA ou conta PAYPAL se queres facer o donativo por internet pulsa no seguinte botón