A primeira arte Galega na tertulia do IEM con Xosé Lois Vilar

Imprimir
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Galería de Arte Iván Morillas de Sabarís-Baiona reinician a súa programación mensual das tertulias sobre arte agrupadas baixo a denominación de A ARTE E A PALABRA. Nesta ocasión tomará a palabra sobre A PRIMEIRA ARTE GALEGA o arqueólogo e Director da Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos XOSÉ LOIS VILAR PEDREIRA, profundo coñecedor das primeiras manifestacións artísticas coñecidas no interior dos enterramentos neolíticos –mámoas- ou nas insculturas pétreas denominadas petroglifos. O acto terá lugar o martes 19 de setembro ás 20:30 h. na Galería de Arte Iván Morillas (rúa Xulián Valverde, 64, Sabarís, Baiona).