Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Queremos tanto aos libros - A Terra Cantada con Antonio Araúxo e Camilo Nogueir

Queremos tanto aos libros - A Terra Cantada con Antonio Araúxo e Camilo Nogueir

Correo-e Imprimir PDF
TERTULIA LITERARIA  “QUEREMOS TANTO OS LIBROS”
 
A nosa proposta para maio é : “A TERRA CANTADA”  de  Camilo Nogueira (Ed. Xerais) 
con Antonio Araúxo 30 de maio  (martes), as 20:30 h. en Libraida (Gondomar)
 CONTAREMOS COA PRESENZA DE CAMILO NOGUEIRA
 


 
 
O presentador:
Antonio Araúxo  (Gondomar, 1958), concelleiro-portavoz do grupo municipal do BNG, en Gondomar. Deputado Provincial. Membro da mesa nacional de Esquerda Nacionalista.

O autor da obra:

Camilo Nogueira (Vigo 1936), enxeñeiro e economista, é un dos máis destacados dirixentes do nacionalismo galego. Presidente da Asociación Cultural de Vigo nos anos sesenta, contribuíu a fundar o sindicalismo galego e a estruturar o nacionalismo como organización política entre os anos sesenta e noventa. Foi deputado no Parlamento de Galiza, desde os seus inicios (1981-1993) e desde 1997 a 1999, facendo compatíbel o seu traballo político co profesional. Foi concelleiro no Concello de Vigo e membro do Parlamento Europeo polo BNG na lexislatura 1999-2004. Autor dunha extensa obra ensaística e política  : O poder industrial en Galicia (1980), A memoria da nación I. O reino de Gallaecia (2001), primeiro volume do seu vasto proxecto de interpretación da historia política de Galicia,  A memoria da nación e A terra cantada (Xerais 2006).
 
 
A obra:
A terra cantadaCamilo Nogueira ofrece en A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos últimos anos. Precedido por un limiar , ³O comezo do mundo², o libro artéllase arredor de catro capítulos que son outros tantos eixos das preocupacións políticas do autor: o primeiro, ³Provincia ou nación² (onde aborda as cuestións referidas ao desenvolvemento do movemento nacional galego); o segundo, ³A memoria e a amnesia² (no que reflexiona sobre as contradicións existentes sobre o papel de Galicia, Cataluña ou Euskadi dentro de España); o terceiro, ³Unha revolución histórica² (onde percorre e analiza os fitos decisivos do proceso constitucional europeo recente); e, por último, ³O imperio declinante² (no que, dende a súa dilatada experiencia internacional, dá conta dalgúns dos acontecementos máis salientables da última década). Nogueira ofrece un libro con unidade e grande coherencia pola súa intención explícita de propoñer ao lector como fío condutor unha reflexión sobre a construción do proxecto nacional galego nos últimos dous séculos. Interpretación ou lectura non tanto como a historia dun nacionalismo concibido como ideoloxía, senón como unha proposta de liberdade, progreso e independencia que, cos seus erros e os seus acertos, reflicte a procura do autogoberno para Galicia situarse como nación no mundo sen mediacións políticas estatais sacralizadas. Nogueira enuncia unha menxase esperanzada para unha Galicia con vontade de mudar a súa perspectiva histórica, reencontrándose como nación política, unindo a memoria do pasado co proxecto do futuro. 
 

**********

OS TÍTULOS DAS TERTULIAS PODERÁS ENCONTRALOS EN LIBRAIDA
Librería Libraida :  Rosalía de Castro 13, Gondomar - T. 986 389199