â??A sanidade galega en tempos de cambioâ?? será o tema a debater nas Tertulias

Imprimir

O próximo venres 3 de marzo de 2006 ás 20:30 horas no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar terá lugar a conferencia –coloquio co doutor Francisco L. Vázquez Vizoso dentro do ciclo AS TERTULIAS DO IEM: O autor fala da súa obra. O noso convidado será presentado polo tamén doutor Xulio Castañal. Como ven sendo costume tras a charla-coloquio aberta ao público terá lugar unha cea co conferenciante para a que se pode facer a reserva chamando ao teléfono 680 644 490.
Francisco L. Vázquez Vizoso é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Médico Especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública, polo sistema de formación de Médicos Internos Residentes (MIR), despois de completar a súa formación como residente no Hospital Ramón y Cajal de Madrid. Master en Saúde Pública (Oficial Sanitario), pola Escuela Nacional de Sanidad de Madrid (Instituto de Salud Carlos III, do Ministerio de Sanidad y Consumo). Diplomado en “Deseño y Estatística en Ciencias de la Salud” pola Universitat Autònoma de Barcelona. Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais na especialidade de Hixiene Industrial.

Desde o 1.992 traballa como médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública en Pontevedra, primeiro no Hospital Montecelo e desde a creación do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) en 1998. É o Xefe do Servicio de Medicina Preventiva do CHOP.

Na actualidade é membro da Comisión de Infeccións e foi presidente da Comisión de Investigación do CHOP. Ten publicado un bó número de publicacións de tipo científico relacionadas coa saúde pública e a medicina preventiva. É asesor da Dirección Xeral de Saúde Pública e da División de Asistencia Sanitaria do SERGAS en diversos temas.

Está afiliado ao BNG desde o ano 1993, e é membro da súa Comisión Nacional de Sanidade. En decembro de 2003, participou na creación da Plataforma de Sanitarios de Nunca Máis e é pouco tempo despois foi elixido membro da Comisión Xestora de Nunca Máis.

É membro da Coordinadora de Facultativos do Complexo Hospitalario de Pontevedra, e ten actuado en diversas ocasións como o seu portavoz público, así como da Coordinadora Galega de Facultativos de Hospitais. Afiliado a CIG-Saúde, participou na creación da súa Agrupación Médica (AgM-CIG), instancia organizativa propia dos médicos dentro deste sindicato de clase.