Papá Noel visitará Gondomar este xoves.

Imprimir
Papa-Noel-635x326

O vindeiro xoves 24 dende as 17,00 ás 19,00H. Papá Noel e os seus axudantes estarán en Gondomar.
O Concello de Gondomar dende a Concellería de Cultura quere invitar a tódolos nenos e nenas do municipio a pasar unha tarde máxica grazas a animación na rúa que acompañará a Papá Noel no seu percorrido levada a cabo polo Centro Cultural "A Merced" de Chaín.


Papá Noel e os seus axudantes acompañados da animación, percorrerán as prazas da Alameda, Fontán (Zona do Froiz), Rosalía de Castro, Centro de Saúde e por último a Praza do Concello, onde a partir das 18,30 Papá Noel recibirá a todos os nenos e nenas.
No caso de que chova Papá Noel recibirá ós nenos e nenas na entrada do Auditorio Lois Tobío.