Pase nocturno do filme animado “Futbolín” en Morgadáns

Imprimir
futbolin-pelicula--647x331

O ciclo Cinema na Rúa en Gondomar ofrecerá este luns 10 de agosto unha proxección para todo público no en Morgadáns. A función dará comezo ás 22:30 horas coa proxección do filme de animación arxentino "Futbolín" (2013), dirixida por Juan José Campanella

Sinopse

Amadeo é un mozo tímido e virtuoso que deberá enfrontarse a un habilidoso rival sobre o campo de fútbol, coñecido co alcumo de "O Crack". Para iso, contará coa inestimable axuda duns xogadores de futbolín liderados polo Wing, un carismático extremo dereito. As aventuras de Amadeo e os xogadores terán como telón de fondo non só o fútbol, senón tamén o amor, a amizade e a paixón. Trátase da primeira película de animación arxentina en 3D. O guión e a dirección é de Juan José Campanella, director de "El secreto de sus ojos".

Dim lights Embed Embed this video on your site