Parada do Miñor organiza unha andaina polo “camiño do terror” nos montes da parroquia.

Imprimir
DIY-LED-Flashlight

O Centro Cultural Parada do Miñor organiza a súa primeira andaina, que leva por título "O Camiño do Terror". Sairá o sábado 22 de agosto do Campo de futbito de Parada ás 22:30 horas. Está aberta a inscrición para participar.

"Faremos un percorrido polos camiños de Montecastelo, con parada no Mirador do Monte dos Mouros", explica Beatriz, integrante da asociación veciñal. "Chegaremos o punto de saída ás 01:30 horas aproximadamente".

O prezo será de 4€ por persoa que inclúe seguro, e chocolate con churros, adiantan. Só se necesita roupa cómoda, unha lanterna e "gañas de pásalo ben". A actividade é para todo público e as reservas poden realizarse ao teléfono 628986597 (Beatriz—a partires das 15:00) ou no enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo