O IES Escolas Proval celebrará este luns a “Romaría das Letras”.

Imprimir
pancarta feira_das_letras_proval_web

 

-O 20 de maio, no mes das Letras Galegas, vaise celebrar por primeira vez no IES Escolas Proval a “Romaría das Letras”.

-Será un día de festa, de portas abertas a todas as familias do alumnado do instituto que desexen participar.

A xornada comezará ás 11 horas con pasarrúas, a actuación do grupo tradicional Arco da Luada e a celebracións de bailes tradicionais a cargo do alumnado. A partir das 12 abriranse diversos obradoiros de oficios tradicionais, así como un conxunto de mostras en paneis distribuídos polo centro e xogos deportivos nas pistas do Proval. Ás 13 horas terá lugar a actuación do grupo de rap Puro estilo.

Unha comida campestre con gastronomía tradicional ás 14 horas dará paso ás 15:30 horas á actuación de Fol do Val, o grupo de rock Millo e a ao grupo de folk de Eva Carreras.  Ás 17:30 horas no salón de acto, o grupo de teatro Vichelocrego interpretará a obra A ópera do patacón de Roberto Vidal Bolaño. As Pandereteiras do Val Miñor pecharán ás 18 horas o acto cultural.