Os colexios do Val Miñor expoñen no Centro Comercial de A Ramallosa

Imprimir

As persoas que se acheguen ó Centro Comercial de A Ramallosa van poder ver unha exposición de traballos dos colexios do Val Miñor. Estes debuxos e poesías están feitos polo alumnado dos colexios que forman parte da Coordinadora dos Equipos de Dinamización lingüística da nosa bisbarra . Este sábado pola mañá vanse colocar os traballos e estarán expostos durante unha semana.

 

Os Equipos de Dinamización levan varios anos desenvolvendo esta actividade de forma colectiva coa finalidade de procurar a creatividade do alumnado, promover a utilización do noso idioma e fomentar a cooperación entre tódolos colexios do Val Miñor.