A parroquia de Valadares organiza o vindeiro sábado o seu 11º Serán.

Imprimir
Serán en Valadares

 

A Comisión de Veciños de Valadares organiza o seu 11º Serán o vindeiro sábado 11 de maio a partir das 22 horas. A comisión de Cultura e festexos convida a persoas e institucións que desexen participar a  achegarse ese día á “Casa de Montes”  (Baile Vello) para gozar dunha xornada de canto e bailes tradicionais. Haberá servizo de comida e bebidas para os participantes.