Torneos de Tute, bingo social e unha cea con baile animan a semana na parroquia de Parada.

Imprimir

A Comisión de Festas de Santiago e Santa Ana 2012/2013 de Parada, Nigrán, celebra un variado programa de actividades para esta semana:

 

Programa

Martes día 30 de abril de 2013 ás 22:30 celébrase un Torneo de Tute con grandes premios: dúas tenreiras, catro porcos, bacalao, etc...

Mércores día 1 de maio de 2013 ás 18:00, bingo social con grandes premios, entre os cales, destacamos, tres bingos de produtos variados, un bingo de bacalao e aceite, un bingo de marisco, e dous bingos dunha tenreira cada un ou un vale de compra de 300€

Sábado 4 de maio de 2013 ás 22:00, terá lugar unha cea - baile. O menú estará composto por empanada, merluza con ensalada, cordeiro ou carne mechada, sobremesa, café e chupito, a un prezo de 18€. A data límite de inscrición é o día 2 de maio de 2013.

Todas as actividades terán lugar no local da Comisión de Festas, situado o carón da Igrexa de Parada, Nigrán.