“Poesía e chocolate” para a mocidade que festexa a VI Semana do Libro e a Lectura en Gondomar.

Imprimir
nenos-coelleira

 

-"Poesía e chocolate: dous praceres intensos e escuros", obradoiro de poesía para mozos e mozas na Semana do Libro e a Lectura de Gondomar

O xoves 25 de abril, ás 19:00h, na Biblioteca de Gondomar, o poeta Carlos Negro (gañador do I Premio de Poesía Victoriano Taibo) estará cos mozos e mozas do Comando Le (Espazo Lectura) para conducir un obradoiro co suxestivo título de “Poesía e chocolate: dous praceres intensos e escuros”.

“Faremos unha indagación sensual e gorentosa no vicio da poesía, suxerindo definicións, lendo textos, saboreando palabras… Misterio, emocións, amor, unha sesión chic e fashion. E quizais algunha sorpresa que aínda non aparece nos papeis” sinalan dende a asociación.

O obradoiro inscríbese dentro da Semana do Libro e a Lectura 2013 que Espazo Lectura, en colaboración co Concello de Gondomar, organiza dende o 22 ao 27 de abril con motivo da celebración do Día do Libro.