“Unha volta polo mundo”, exposición fotográfica na escola de preescolar de Chandebrito.

Imprimir

Este fin de semana pasado, a Asociación "Chandebrito 1807" inaugurou unha exposición de fotografías tomadas por dous veciños da parroquia de Chan de Brito, que permanecerá aberta durante dous meses no baixo da escola de preescolar de Chandebrito, e que se poderá visitar os luns de 17.00 a 19.00 horas, os mércores de 19.30 a 21.30, ou ben chamando ao teléfono 667 380 223.

 

Trátase dunha escolma de 240 fotografías de entre máis de tres milleiros realizadas por Antón Amorín, nas visitas a 13 países entre os anos 2002 e o 2013: Cuba, Exipto, China, Rusia, Siria, India, Italia, Etiopía, República Checa, Togo, Benin, Marrocos e Turquía. Baixo o título de "Unha volta polo mundo", nas imaxes pódense contemplar as paisaxes, os monumentos e a vida cotiá das persoas que habitan diversos pobos deses países.