As augas fecais retornan á superficie no camiño do Ferreiro en Sabarís

Imprimir
As augas fecais rebosando no camiño do Ferreiro

Unha alcantarilla situada no camiño do Ferreiro en Sabarís segue retornando as augas fecais producindo malos cheiros e esparcindo excrementos na superficie.

O problema repítese neste punto dende que remataron as obras de humanización da Avda. Julián Valverde, un problema que técnicos e concello aseguraron quedara resolto o ano pasado.

Veciños da zona quexábanse hoxe a esta redacción do forte olor que había nas inmediacións do camiño do Ferreiro, transversal á avenida principal de Sabarís. O problema non era novo para os veciños xa que o pasado inverno producíase o mesmo problema, incluso durante as choivas deste verán.

Un rebosadeiro situado nesta rúa esparcía hoxe as súas augas fecais que en parte quedaban estancadas na zona de peralte que ten a rúa até chegar á rede de alcantarillado de pluviais que conecta directamente coa Foz do Miñor.

As mesmas fontes aseguran que este problema é ben coñecido tanto polo concello como pola empresa encargada das obras que dúas semanas atrás acudiron ao lugar para tratar o tema, que polo de agora non parece estar solucionado.

VIDEO