EU Baiona fai público parte do PXOM de Baiona que se aprobará no pleno deste martes

Imprimir
Denuncian a reserva de chan para un campo de golf en Baredo

Esquerda Unida Baiona fixo público o pasado venres parte da documentación do PXOM de Baiona que recibirá a aprobación final este martes pese a que o acceso ao documento para a cidadanía foi blindado por parte do concello.

O PSOE de Baiona denunciaba a pasada semán as grandes eivas do documento urbanístico así como a falta de transparencia e rapidez coa que se pretendía aprobar o PXOM logo de dez anos de tramitación.

Os membros da oposición denunciaban a semán pasada que contaron con menos de 72 horas para analizar a abondosa documentación presentada polo equipo redactor para que o pasado xoves poidesen ter a posibilidade de plantexar consultas.  Isabel Domínguez (PSOE), denunciaba inlcuso que os edís da oposición foran ameazados con sancións en caso de divulgar ao público o contido do PXOM e as respostas ás máis de 300 alegacións presentadas polos veciños e colectivos. A Secretaría Municipal que fundamentaba a medida nas reservas informativas contidas no artigo 13.3 do Real Decreto 2568/1986.

Pese aos reparos Esquerda Unida sinala como "un exercicio de transparencia" a publicación no seu blog da documentación relativa ao PXOM de Baiona, xa que lembra que conforme ao que indica a lei, "os instrumentos de ordenación urbana, con todos os seus documentos, tanto si se atopan aprobados, como durante a súa tramitación, serán públicos."

Con esta medida dende Esquerda Unida pretenden dar a coñecer a toda a cidadanía o PXOM de Baiona "e non só un pequeno número de persoas",

A valoración do documento.

Respecto ao PXOM e despois de analizalo "superficialmente, debido ao pouco tempo que tivemos para estutalo",  valoran negativamente o documento no que se refire ao aumento da reserva de chan para vivienda protexida, en relación ao documento aprobado o pasado ano e a falta de reservas de chan para uso hoteleiro.

Esquerda Unida tamén lamenta que os terreos reservados para as instalacións deportivas na parroquia de Baredo, "despois de pagarllos aos seus propietarios a 3 euros o metro cadrado", vaian a ser entregados a unha empresa privada para a súa explotación, tal como se reflexa na documentación do PXOM, segundo apuntaron.

Consultar documentación do PXOM de Baiona na web de Esquerda Unida