Atasco en Baiona tras quedar “varada” unha embarcación na Avenida Monterreal.

Imprimir

O remolque que transportaba o navío "KRAKEN" dende o porto deportivo de Baiona non soportou o peso e a embarcación que ficou "varada" no medio da concorrida Avenida Monterreal sobre as seis da tarde deste martes. Aparentemente a rotura dos eixes do remolque foi a causa do accidente que provocou un atasco do tráfico que debeu esperar á chegada da Garda Civil para solucionarllo.