Maís de 1500 kilos de caramelos choverán na cabalgata de Reis en Baiona

Imprimir
Cabalgata Reis Magos Baiona

O percorrido partirá ás 17h dende a rotonda da Urba. Ponte Romana en Sabarís e ás 18h dende Santa Marta.

En caso de choiva o percorrido acurtarase dende a rúa Carabela Pinta até o Pavillón de Deportes de Baiona.

A Concellería de Cultura de Baiona ten todo preparado para recibir as súas Maxestades os Reis Magos que chegarán a Real Vila subidos nas súas magníficas carrozas iluminadas.

 

AS TRES CARROZAS, MELCHOR, GASPAR Y BALTASAR cargadas de 1500 kilos de caramelos aptos para celíacos, sairá ás 17:00h dende a rotonda da Ponte Romana continuando pola avenida de Xulián Valverde, Praza Victoria Cadaval, rúa Porta do Sol, Areas ata a praia de Santa Marta onde uniráse a Comitiva Real. 

Dende a Praia de Sta. Marta sairán ás 18:00h AS TRES CARROZAS DOS REIS MAGOS e a comitiva real que estará composta por 6 módulos, tres Roldas de Reis, a Banda de Música Municipal e animación infantil que percorrerán a Avenida Monterreal, Alférez Barreiro, Paseo Elduayen, e Paseo Ribeira REMATANDO NA ENTRADA AO PARADOR onde as súa Maxestades recibirán a todos os nenos e nenas de Baiona. 
En caso de choiva a Cabalgata subirá por Carabela Pinta e rematará no Pavillón de Deportes onde as súas maxestades recibirán a tódolos nenos e nenas.

O concello de Baiona contou un ano máis coa participación na confección e diseño das carrozas dos Reis coa empresa “A Festa Escénica” que sorprenderán aos cativos cos seus deseños inspirados nos bosques máxicos de Galicia.