Continúan os verquidos de augas fecais en Santa Marta

Imprimir
Verquido de augas fecais en Santa Marta

Os 28 millóns de euros da nova depuradora de Baiona non parecen por coto aos contínuos verquidos de augas fecais que se producen na contorna de Santa Marta.

O pasado sábado, as 14:30 da tarde, as persoas que paseaban pola zona foron testigos dun dos focos causantes dos pestilentes cheiros que acontecen a determinadas horas da madrugada na zona comprendida entre a Curva do Manco e a rotonda de entrada a Avda. Monteferal. 

Un punto situado en fronte á citada rotonda, verquía de xeito continuado augas fecais directamente ao mar ante a mirada dos veciños e turistas que paseaban neses intres polo concorrido paseo marítimo.

O verquido, lonxe de ser un feito aillado, prodúcese de xeito continuado nesta zona. Non resulta extrano que entre as 2 e 3 da madrugada a contorna de Santa Marta presente un intenso cheiro a augas fecais, que presumiblemente terminarían diluídas no mar e ocultadas polas escuridade da noite. Feitos similares aos que acontecen en Gondomar, pero directamente na súa depuradora.

En 2011 e 2012 as praias de Ladeira e Concheira foron catalogadas pola Dirección Xeral de Innovación e xestión da Saúde Pública dependente do SERGAS, como non aptas para o baño dada a alta concentración de coliformes nas analíticas recentes, unha calificación que obrigaba ao concello segundo a normativa vixente, a non recomendar ou prohibir o baño nos citados areais.