EU Baiona convoca para hoxe un acto informativo sobre o PXOM

Imprimir
O PXOM de Baiona atópase na súa recta final de aprobación
Download this file (SUD7.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

EU de Baiona ten planificado un acto informativo aberto para este martes 9 de abril, ás 20:00 no CPI Covaterreña sobre o novo PXOM de Baiona.

A formación informará sobre as alegacións que vai a presentar en relación á "valoración dos terreos a 6 euros o metro cadrado", a escasez de espazos libres, as instalacións deportivas de Baredo, o crecemento previsto e a non contabilización na normativa urbanística de 7800 metros cadrados para vivenda protexida que se mencionan na memoria xustificativa de dito plan.

Faltan metros para vivendas de promoción pública

Dende a formación sinalan que o novo PXOM na súa memoria xustificativa indica a obtención de 34.873m2 de solo urbanizable para Vivenda de Promoción Pública (VPP) repartidos nas distintas áreas clasificadas como Suelos Urbanizables Delimitados (SUD) pero apuntan que no caso do SUD 7 de A Igrexa, os metros foron contabilizados na memoria pero na súa ficha urbanística non se contempla vivenda de ningún tipo.