Os traballadores do Parador de Baiona concentraranse este sábado nas portas da fortaleza.

Imprimir
ccoo-paradores

Os traballadores do Parador Nacional de Baiona volverán a manifestarse ás portas da fortaleza ante a decisión da empresa de retardar as negociación do convenio colectivo ata o 3 de setembro. Por outra banda o sindicato volverá a esixir durante a mobilización o reintegro da traballadora despedida "por causas obxectivas", no marco da Reforma Laboral. A concentración terá lugar este sábado 25 de agosto ao mediodía.

 

A mesa sindical denuncia que a pesar de que a empresa cualificou como "moi grave" a situación de Paradores, os seus directivos marcharon de vacacións incumprindo o compromiso asinado no SIMA que recollía a necesidade de seguir coas negociacións a partir do día 16 de agosto pasado.

Esta medida, impulsadas dende a Sección Sindical Estatal de CCOO en Paradores, será levada adiante en tódolos centros hostaleiros de Paradores Nacionales de España.