Máis de 30 persoas iniciaron o seu primeiro curso formal de ensino da lingua do país en Baiona.

Imprimir
celga1

Máis de 30 persoas iniciaron o curso CELGA nivel 1 nas instalacións do Centro Multiusos Angel Bedriñana, co fin de obter unha primeira achega de ensino formal da lingua do país. O curso está organizado polas Concellerías de Traballo e Educación do Concello de Baiona en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

 

Este curso prepara para a obtención do Certificado de Lingua Galega (CELGA 1) coa finalidade de que os beneficiarios podan satisfacer as súas necesidades de comunicación máis básicas.

Este certificado que se corresponde co nivel A2 do marco europeo común de referencia para as linguas introduce ás persoas que superen a correspondente proba realizada pola Secretaría autonómica, no estudio do idioma galego que complementarase en anos sucesivos cos seguintes niveis.