O Concello de Baiona abandonará a Área Metropolitana de Vigo a proposta do PP.

Imprimir
concello baiona

O Partido Popular quere retirar ao Concello de Baiona da Mancomunidade da Área Metropolitana de Vigo. "A día de hoxe, 12 anos despois, e tras catro de paralización, non se vislumbra un proxecto real e moito menos ilusionante que nos manteña unidos", manifesta no argumentario da moción xa presentada no rexistro municipal e que se debatirá no vindeiro pleno de decembro. Pola súa banda, o rexedor baionés, Jesús Vázquez Almuíña responsabilizou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, polas súas "actitudes" e o feito de "non consensuar as decisións". A alcaldía convocou para mañá xoves aos portavoces dos grupos municipais para informarlles do asunto.

O portavoz popular Ángel Rodal Almuíña, asinante da moción, expresou que "O actual presidente (Abel Caballero) sigue empeñado en unir o futuro da Mancomunidade aos seus  designios persoais,  sen propoñer novos proxectos, sen buscar o consenso e, o que é máis grave, sen a más mínima intención de coordinar accións conxuntas."

Os populares que teñen maioría absoluta na corporación municipal, presentarán mañá o punto ante a Comisión Informativa de Asuntos de Pleno, que reunirase ás 12 horas na casa consistorial.