Obradoiro de emprego "Ergasía" en Baiona.

Imprimir
ergasia-web

A Consellería de Traballo do Concello de Baiona vai seleccionar 32 persoas nun réxime de alumno-traballador, en diferentes especialidades. O obradoiro de emprego “Ergasía”, e parte dun proxecto desenvolvido pola Xunta de Galicia que o concello baionés ofrece para persoas maiores de 25 anos e rexistradas no Servizo Público de Emprego.

Os interesados xa poden inscribirse no devandito servizo de Baiona, e os requisitos a cumprir son os seguintes:

Requisitos xerais

Ser maior de 25 anos e estar desempregado e inscrito no Servizo Público de Emprego.

Requisitos por especialidade e prazas.

Traballador/a forestal con 15 prazas. Nivel 1 de competencia. Non se esixe ningún nivel mínimo de formación.

Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións e domicilios con 9 prazas. Se require nivel 2 de competencia, é dicir, Graduado en ESO, Técnico ( Ciclo Formativo de Grado Medio), Técnico Auxiliar (FP1).

Promoción turística local e información ao visitante con 8 prazas. Se require un nivel 3 de competencia, é dicir, mínimo Bacharel LOE, Bacharel LOXSE/COU ou Técnico Superior (Ciclo formativo de grao superior)ou Técnico Especialista (FP2).

Selección.

O próximo 20 de decembro un tribunal seleccionará a 32 aspirantes, os que recibirán cursos teóricos e prácticos, cunha remuneración próxima aos mil euros. Os cursos teóricos impartirase nas aulas do edificio da praza de abastos e as prácticas, en montes da zona, no departamento de Turismo do Concello de Baiona e no xeriátrico do Meixoeiro.

OBRA A REALIZAR.-

Dentro da obra a realizar polas especialidades se destacan entre outras:

.- Manteñemento de camiños públicos.

.- Limpeza e reforestación de espazos naturais.

.- Manteñemento de sendeiros e roteiros.

.- Servizos de atención a persoas dependentes en institucións e en domicilios.

.- Servizos de promoción e desenvolvemento de paquete turísticos no concello.

.- Realización de visitas guiadas.

.- Desenvolvemento de recursos endóxenos en materia turística.

.-Rexeneración e Acondicionamento de Espazos Naturais.

.- Elaboración de guías de recursos turísticos.