O BNG de Baiona denuncia que Sabarís segue igual un ano despois dás riadas

Imprimir
O BNG de Baiona denunciou públicamente a falla de seriedade das Consellerías de Medioambiente e Política Territorial da Xunta de Galiza, así como a actitude pasiva e de desinterese por parte do alcalde de Baiona, o popular Jesús Vazquez Almuiña, no referente as obras pendentes por realizar en Sabaris para solventar as enchentas.

Os nacionalistas consideran que por parte da Consellería de Política Territorial, quedan ainda traballos por resolver, como a permeabilidade da estrada polo litoral a altura do Camiño das Monxas que resulta ser o punto mais crítico das inundacións e a que provoca máis repercusións nas vivendas dos veciños.

Por outra banda, o BGN critica á Consellería de Medioambiente, por non dar continuidade ao desdobramento soterrado do río Groba a altura do Mercado. Así mesmo denuncian o descoñecemento de acordo algún co propietario afectado, xa que segundo argumentan

"o Alcalde, agora que xa pasaron as eleccións, deixou de convocar semanalmente a comisión de seguimento.O interes do Alcalde acabou pasadas as mesmas."

Para rematar o bloque advertiu que "dentro duns días, fará un ano que Sabaris anegouse, e que despois de tantas promesas, as obras urxentes que ían levarse a cabo, están sen rematar. Por culpa duns e doutros, os veciños de Sabarís pasarán outro inverno pendentes de si chove moito ou si chove pouco."