O Concello ordena a limpeza do ático incendiado de Sabarís

Imprimir
Lixo na vivenda Sabarís
Os veciños do número 5 da avenida Areas de Sabarís continúan vivindo preocupados despois do incendio ocorrido hai unha semana no apartamento dun ancián que acumulaba lixo. Tras unha longa insistencia, o Concello ordenou o pasado xoves a limpeza do piso. Nove operarios municipais traballaron durante toda a xornada para sacar centenares de quilos de desperdicios queimados, que durante os últimos días fixeron a vida insoportable a todos os inquilinos da cuarta planta do edificio. Continúa en La Voz de Galicia