Val Miñor en Londres

Imprimir

O albariño Val Miñor, que produce a sinatura galega Adegas Val Miñor, foi selecionado polos críticos e especialistas que participan na «London Wine», unha das feiras mais importantes de Europa, como un dos mellores 100 viños do mundo.

Nesta selección, que se realiza dende fai 25 anos, figuran cinco viños brancos españois, que competen con outros caldos de Argentina, Estados Unidos, Chile, Nova Zelanda, Australia, Sudáfrica, entre outros paises que se deron cita neste certamen ferial.

http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?TEXTO=3877723