Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor A Xunta entrega un todoterreo tipo pick-up á Mancomunidade do Val Miñor.

A Xunta entrega un todoterreo tipo pick-up á Mancomunidade do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
paco hernandez

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega hoxe na sede da Academia Galega de Seguridade Pública de 42 vehículos todoterreo tipo pick-up destinados ás Agrupacións de Voluntariosa de Protección Civil da nosa comunidade, entre elas a do Val Miñor.

Esta adxudicación faise mediante a Orde do 28 de xaneiro de 2015, para a adxudicación de equipamentos de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, no marco de Programa Operativo Feder-Galicia 2007-2013.

O acto tivo lugar na Academia galega de Seguridade Pública, na Estrada e contou coa presenza do presidente da mancomunidade do Val Miñor e alcalde de Gondomar Paco Ferreira, outros alcaldes e membros das Agrupacións, así como dos delegados territoriais da Xunta na Coruña, Pontevedra e Ourense e do director xeral de Emerxencias Interior, Luis Menor.

Rueda aproveitou o acto para enxalzar o traballo diario das asociacións de Protección Civil galegas e destacou o compromiso da Xunta con todas elas, dotándoas dos medios necesarios para que poidan ser máis efectivas e eficaces na súa resposta ante as emerxencias. A distribución destes medios fíxose “onde máis se precisaba”, seguindo criterios obxectivos e primando, por exemplo, aos concellos con maior número de actuacións e voluntarios, o risco potencial de emerxencias e a distancia con outros servizos de emerxencias coma bombeiros ou GES.