As elección autonómicas no Val Miñor

Imprimir
O panorama electoral miñorano magoas apresenta variacións respecto ao autonómico. Como no resto do territorio galego, os resultados outorgaron unha suba espectacular ao PSOE -a maior da sua história na bisbarra-. Pese a iso, o Partido Popular fixose coa maioria dos sufráxios e os nacionalistas cairon en picado en relación á anterior convocatoria galega.

Os socialistas incrementaron o seu número de apoios en once pontos en toda a bisbarra, ao atinxir un 32,1%. Os populares perderon catro inteiros ao lograr o 48% dos sufráxios, ainda que manterian unha maioria simple. O maior descenso foi para o Bloco, que perdeu seis pontos ao aglutinar só o 16,4% dos votos.

Nigrán oferece os resultados mais acordes coa meia comarcal. O PP perdeu alá tres inteiros e atinxiu o 47,7% pese a ter incrementado o número de votos en 400 respecto aos comicios de 2001. Os socialistas medraron dez pontos ao chegar a un 32,7% e aglutinar case trescentos votos mais que fai catro anos. Os nacionalistas perderon perto de trescentos sufráxios, o que lles fixo baixar seis pontos e atinxir un 16,4%.

O caso de Baiona é similar. Os populares perderon cinco pontos, ao cair até o 47,2% ainda que gañaron mais de 200 votos respecto a 2001. A PSOE duplica o seu número de sufráxios, ao chegar a 1.953, e a sua porcentaxe medra doce pontos e atinxe o 31,5%. O Bloco perde tamén perto de 300 sufráxios e seis pontos. A sua porcentaxe cai até o 18,7%.

A escalada mais espectacular do PSOE produciu-se en Gondomar. Ainda que o PP gañou en porcentaxe, con un 47,7%, pese a perder sete pontos, os socialistas se superaron a si mesmas con unha medra de catorce inteiros. A sua 32,1% fronte ao 18,5% de 2001 responde a un incremento no número de votos de case 800. Pola sua parte, os nacionalistos perderon algo mais de 200 sufráxios e a sua porcentaxe se reduciu en seis pontos, con un 17,7%.

Ao igual que no resto do território galego, a participación rexistou un importante incremento na bisbarra miñorana. Do 60,8% de eleitores que exerceron o seu direito ao voto en Baiona e Nigrán, ambos municípios medraron oito e seis pontos, respectivamente. En Gondomar o incremento foi de catro pontos.