PERSONALIDADE DA NARRATIVA GALEGA

Imprimir
Letras Galegas 2005

Por fin, a longa noite de pedra escachou e polas súas fendas están entrando milleiros de raioliñas de sol, cal nova primavera que convida a vivir todo o que atopan ó seu paso. A vida, a naturalidade, a creatividade, a identidade dunha lingua e literatura longamente  asoballada xa bulen con prestancia. Aquí, alá e acolá xorden poetas, escritores, novelistas, ... que,  desde o eido literario, tratan de reconducir a realidade literaria desde outros enfoques.

A Galicia de clave sociolóxica, folclórica  ou costumista vaise esmorecendo e/ou relegándose a un segundo plano para deixar paso a unha Galicia nova, a unha Galicia como realidade e como producto da historia en claves antropolóxicas e culturais. Parece albiscarse o día en que deixemos de celebrar o Día das Letras Galegas, porque  o noso idioma xa goza dunha identidade colectiva, porque xa a acadou un desenrolo entitativo  dentro da nosa colectividade.

Os traballos publicados da narrativa galega  atópase nun momento de certa altura literaria, en parangón coas tendencias actuais do noso entorno e dentro do afianzamento na nosa realidade. Ringleiras de publicacións os confirman. O público pode percibir con naturalidade unha linguaxe literaria propia e adaptada ás funcións do tempo presente. A narrativa galega deixou de ser un proxecto a conseguir para converterse nunha realidade que está gañando un elevado número de lectores na lingua galega. As bibliotecas, as hemerotecas, as lecturas recomendadas desde os centros educativos e o número de obras publicadas falan por si solos.

Na época anterior á década dos setenta, a prosa galega estaba ancorada  en  propostas  realistas sociolóxicas, costumistas e de  evasionismo etnográfico  desenvolvéndose nun círculo  pechado de lectores e escritores que a converteran en símbolo de resistencia e permanencia dos valores do pobo galego.

Son os anos setenta tempos dun certo boom da narrativa que rescataron a lingua do folclorismo e o costumismo de anos pasados e que era preciso abandonar para dar paso a creación dunha literatura con identidade  e con personalidade propias.

Blanco Amor (1972) coa súa obra Xente ó lonxe dalle un novo pulo á narrativa galega presentando o seu programa de acción. Na súa obra predicía o longo camiño que tiña que recorrer a narrativa galega, partindo do que xa estaba conseguido.

A morte de Franco abre unha nova dimensión social. Recupéranse as liberdades, baixa a presión da censura, regresan moitos dos exiliados; recupéranse algúns escritores que ou ben estiveran desaparecidos ou ben xa poden expresarse libremente; inténtase recuperar a memoria coa revisión da guerra española e as súas consecuencias represoras...

Neste momento, publícase â??Xoguetes para un tempo prohibidoâ??, de Carlos Casares que marca a aparición dunha nova linguaxe literaria: un novo tratamento da realidade, renovación formal, poucas concesións ó lector, alternativas ó ruralismo, etc.

Esta situación crea un clima propicio para  a aparición da narrativa sociolóxica, memorística, de terror; descóbrense novas  liñas narrativas tradicionais, aferradas ó realismo ruralista e etnográfico, que manteñen o equilibrio entre o vangardismo expresivo e a renovación técnica chegando a acadar certo recoñecemento.

A modernización do xénero narrativo chega cos anos 80, dando entrada a novelas ambiciosas tanto na execución como na intencionalidade.

Algunhas das características comúns das obras destes escritores son: o gusto pola novela longa,a complexidade técnica e sinxeleza lingüística, a modernidade argumental, a mestura de elementos máxicos e realistas, o esforzo por crear personaxes vigorosos, de psicoloxía nítida e conflictiva...

Neste período publícanse novelas tecnicamente arriscadas, como Xa vai o grifón no vento, de Alfredo Conde, E agora cun ceo de lama, de Paco Martín, O triángulo inscrito na circunferencia, de Víctor Freixanes, etc. onde a  alegoría lles serve de instrumento de ficcionalización dunha realidade que só se pode entender transformándoa. Aquí pode apreciarse a influencia da Saga/fuga, de Torrente Ballester, o realismo máxico latino americano, a novela pseudo-histórica europea, etc.

Vilas asolagadas, enfrontamento cósmico entre o mar a e terra... son metáforas que poden dar conta da crise de identidade  da sociedade galega, como se a lingua escrita fora un refuxio para reinventar a realidade nacional galega ou sublimar a mitoloxía colectiva.

A aprobación do Estatuto de Autonomía (1981) e do Lei de Normalización Lingüística (1993) conlevan grandes mutacións no sistema literario galego, xa que nelas se recoñece a especificidade galega. Aparecen os primeiros premios tanto a nivel autonómico (por exemplo o Premio Blanco-Amor, Xerais, Castro, Cerne,  Merlín, ... ) como a nivel estatal (o Premio de Crítica Española para obras en galego). Ã? lista de xéneros literarios súmanse os xéneros policíaco e de ciencia ficción, chegando a crear unha eufórica ilusión de â??normalidadeâ??, onde se está a escribir de todo.

Tamén recobran interese as obras que se producen na liña da narrativa histórica, da narrativa fantástica ou marabillosa que hoxe en día están callando unha intensa e ambiciosa obra caracterizada polo seguimento lingüístico e formal de �lvaro Cunqueiro.

Merece destacarse unha modalidade nova: o asentamento da narrativa infantil e xuvenil.

De calquera maneira que sexa, a literatura galega constituíuse nun referente histórico claro sobre o que terán que voar futuros lectores e escritores, xa que é unha lingua que se buscou e se construíu a si mesma, sen referentes históricos.

 

Antonio Díaz Lombardero.

 Maestro de Ensino Primario

Colexio Público de Mallón. Nigrán Pontevedra