Deputación: “Antes había un virrei agora hai unha presidenta á que lle gusta o diálogo e a transparencia”

Imprimir
carmelaSilva

"Antes os señores do PP estaban afeitos a que o presidente da Deputación impoñía as súas políticas. Antes si que había un virrei e agora hai unha presidenta á que lle gusta o diálogo e a transparencia".

Así respondeu Carmela Silva aos deputados provincias do PP que estaban a cuestionar as regras impostas pola nova presidenta socialista. Nomeadamente a fixación dunha reunión cos alcaldes do Salnés con membros do novo goberno “para explicar as políticas que se van facer nos próximos anos”.

"Que deixen –continuou Silva- de intentar abrir fendas onde non as hai e que se dean conta que mudou a forma de facer política. Que saiban os veciños e veciñas do Salnés que con este goberno na Deputación van ter unha mellor calidade de vida".

Convenios especias de financiamento para Vigo, Pontevedra e Vilagarcía

Silva asegurou que o sistema de financiamento para os concellos de menos de 50.000 habitantes será mediante un novo fondo de investimentos e para as localidades de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía os investimentos se realizarían mediante un convenio cos respectivos alcaldes, sendo estes os que deciden onde achega fondos a Deputación.

Â