O Val Miñor móvese. Nace ACREXOVAL

Imprimir

Amigos e amigas:

 

Xa quedou instituida a Asociación para O Consumo responsable e Xusto Val Miñor (ACREXOVAL). Queremos contarvos qué é ACREXOVAL.

 

A idea de formar esta asociación nace de observa-lo grande dominio da economía nas nosas vidas e de qué xeito os cidadáns comúns participan nun modelo de inxusta hexemonía dunha economía que non ten respeito por nada máis que o benefiocio duns poucos, e coarta a liberdade das persoas, determina o seu modelo de vida,  desencadea desigualdades sociais, degrada a biosfera…

Visita a súa web en www.valminor.info/acrexovalweb

Ten como obxectivos identificar de que maneira participamos nesta economía e cómo podemos opoñernos ás súas imposicións e restriccións, así como plantexarse outro tipo de  economía. O fío que conduce todas estas reflexións hacía o cambio, revelase ó darse conta de que as persoas de a pé, no seu papel de consumidores son elementos imprescindibles no funcionamento económico, e de ahí o seu poder potencial para facer fronte ás imposicións do mercado.

 

Xurde tamén dunha mistura de olladas que non entenden un mundo cheo de cousas absurdas, por onde é difícil andar sen presas, de atopar un instante para pensar. Un mundo onde preténdese que triunfe o individualismo. De preguntarse se somos tan só máquinas que producen beneficios para outros, que soñan con que as cousas cambien algún día no noso reducido ámbito (nós mesmos e a nosa familia) sen saber qué facer, loitando como formiguiñas solitarias cada un a súa batalla persoal por amaña-la nosa vida, aillados e sen saber que todos libramos unha loita parecida e sen sentido, en contra dunha forzas descoñecidas e moi poderosas. Que haxa situacións inxustas e degradantes para a vida das persoas, dos animais e das plantas, da paisaxe…

 

1) Esta asociación pretende ser optimista e práctica, non afogarse con utopías fóra de serie, intentar cambia-las cousas inmersos dentro deste caos, sen aillarse en teorías absurdas nin radicales, e tomando as cousas con humor. Queremos invitar a todos/as aqueles que se sentiron ou se senten perdidos ou camiñando a contracorrente sen estar convencidos, masticando a súa frustración coma un toxo seco na boca. É para os que non aceptan o “é o que hai”:

 

2) Pretende ter un plantexamento global e un funcionamento local. Non cremos que haxa que ir a Xenebra ou a Porto Alegre para cambiar o mundo. O noso Val está cheo de cousas bonitas, e de cousas feas. Aquí tamén viven a corrupción, os monopolios, o consumo irresponsable, a despreocpupación dos políticos, as agresións medioambientais, a especulación urbanística, etc.

 

Esta asociación é vosa, porque seguro que vós tamén pensaches nestas cousas, seguro. Aquí a tedes para descargar. Para que aportedes as vosas ideas, reflexións, axuda, o que sexa, menos non facer nada.

 

As actividades humanas necesitan do consumo de bens, dende as materias máis básicas que son imprescindibles para vivir, os alimentos, a auga, alectricidade dos fogares, o combustible do transporte, A forma de cosumir, cando digo esto quero decir qué consumimos, ¿ en qué cantidade, a quén..? Cando adquirimos calquera producto de consumo esperamos que satisfaga uns determinados requisitos, que pode ser un precio que nos satisfaga, una calidade deterinmada, una marca desexada ou outro aspecto. Hoxe en día existen infinidade de productos que intentan cubrir infinidade de usos e necesidades de distinta categoría. Hay productos de consumo primario, indispensables (alimentos, auga, electricidade, transporte, etc) e outros máis aló. No mercado actual  non temos restriccións como compradores. A industria pode proveernos de calquera cousa, sempre que podamos pagalo.

 

1) Por unha parte o consumidor non ten ningunha responsabilidade no que compra, agás pagalo que custa. Non ten responsabilidade dos desperdicios que xera, da seu reaproveitamento ou reciclaxe, de que fóra produicido en circunstancias xustas para os traballadores, de que o seu precio sexa apropiado, de que dispoña da información adecuada de cómo foi producido, qué conten…

 

2) Tampouco existen moitas limitacions para os productores ou venderdores á hora de sacar un producto ó mercado. (o valor do producto,…?). A única norma parece ser que é posible ofertar calquera cousa sempre que poida ser vendida e sexa rentable a súa venda. As consecuencias desto son moitas: a calidade do producto non está asegurada, a xustiza nas condicións laborais dos traballadores dos sectores productivos non está asegurada, a degradación do medio ambiente ligado ó consumo e producción de bens é unha realidade presente e en aumento.

Ler os estatutos de constitución da Asociación

Datos de contacto
ACREXOVAL
Rúa Ana Isabel Costas Piñeiro nº 27 
36370 Nigrán

Teléfono 986 352827
Correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo