O Val Miñor contará cunha estación propia de ITV en Porto do Molle a partir de 2016. #Nigrán #Baiona #Gondomar

Imprimir

ITV-portomolle3

O alcalde de Nigrán e o director Xeral de Enerxía e Minas visitaron esta mañá as obras en Porto do Molle, onde ocupa unha parcela de 3.000 metros cadrados.

O novo punto contará cos últimos avances tecnolóxicos, sendo a primeira de Galicia en construírse con equipos de supervisión e control unificados.
O Concello de Nigrán terá en funcionamento no primeiro trimestre de 2016 a súa propia estación de servizo para a Inspección Técnica de Vehículos. Así llo confirmou esta mesma mañá Ángel Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxía e Minas, ao alcalde de Nigrán, Juan González, durante unha visita ás obras en Porto do Molle (trátase da parcela 8-12, cunha superficie de 3,000 metros cadrados e correspondéndose 800 á propia instalación). A empresa concesionaria das ITV para todo el territorio galego, Supervisión y Control S.A. (SyC), informou de que os traballos concluirán a final de ano e que supón unha inversión de un millón setecentos cincuenta mil euros que permitirán engadir os últimos avances tecnolóxicos.

ITV-porto-molle-2Esta nova ITV constará de tres liñas de traballo e dará alivio a toda a área de Vigo, onde actualmente se realizan unha media de 240,000 inspeccións ao ano entre as tres instalacións de Peinador, Porriño e Bueu. Así, a previsión é que o novo punto de Nigrán (onde poderán acudir todo tipo de vehículos) realice unha media de 22.000 revisións durante os primeiros anos e, pasado o período de adaptación, chegue a 50,000 no ano 2020. Así, arrancará con seis empregados que se incrementarán ata 19 en 2020.

"É unha nova moi boa para Nigrán e para todo o Val Miñor porque reforza a seguridade vial na comarca, significa unha empresa máis que vai xerar emprego e, ademais, resultará moi cómodo para tódolos veciños ter a ITV tan preto. A súa instalación é unha proba máis de que Porto do Molle sigue crecendo e o seguirá facendo aínda máis. Por todo elo, é unha noticia magnífica", sinalou Juan González, alcalde do municipio.

Esta será a primeira estación de toda Galicia en construírse de xeito modular, agrupando tódolos equipos de supervisión e control nun único punto unificado e compacto para que poida ampliarse no futuro sen afectar en absoluto ao seu funcionamento e ao que xa está feito. Paralelamente, será unha das poucas da comunidade e a única da área de Vigo en prescindir por completo do papel, xa que os empregados traballarán mediante aplicacións vía Wi-fi. Os propios condutores que estean esperando a súa quenda na estación serán chamados á revisión mediante un dispositivo control remoto que se lles entregará na entrada. Ademais, a firma construtora Abeconsa sinalou detalles técnicos importantes como a instalación de paneis solares que cubrirán tódalas necesidades de auga quente da estación.

Unha vez que estea en funcionamento xa non será necesario seguir co programa de estacións ITV móbiles destinadas principalmente a motocicletas e ciclomotores, sinalan dende o Concello de Nigrán

ITV1