Un alcalde do #ValMiñor integra a nova Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra.

Imprimir
31-07-xunta-goberno-deputacion

O nome de Juan González, alcalde de Nigrán, figura na lista dos nove deputados provincias que acompañarán á presidenta socialista Carmela Silva, na Xunta de Goberno da deputación.

A mesma quedou quedou constituída hoxe, tras a súa primeira xuntanza oficial, baixo a presidencia de Carmela Silva.

A Xunta de Goberno está composta polos seguintes deputados provinciais: Chelo Besada, Juan Antonio González, Carlos López Font, Montserrat Magallanes, David Regades, Santos Héctor, Uxío Benítez, César Mosquera e Eva Vilaverde. Segundo sinalou a presidenta as súas sesións ordinarias terán lugar os venres ás once da mañá.

Carmela Silva afirmou que a constitución da Xunta de Goberno "é un paso máis para poñer en marcha todas as estruturas da nova dirección da Deputación de Pontevedra".

A presidenta incidiu en que, nos apenas cinco días en que levan traballando desde os seus nomeamentos, o pasado luns, "os deputados provinciais xa fixeron xuntanzas e coñeceron os servizos dos cales son responsables e que xa están a traballar de cara á elaboración dos próximos orzamentos para adaptalos á nova estrutura da Deputación".

Precisamente esa nova estrutura, na que xa se está a traballar, terá o seu reflexo nos orzamentos que entrarán en vigor para o próximo ano.