A Mancomunidade do Val Miñor asinou 23 contratos para o servizo de socorristas nas praias de Baiona e Nigrán cunha previsión de aumentar até 25 no correr da tempada. A cifra é maior a da pasada tempada onde a vixilancia nos areais estivo a cargo de 20 profesionais, segundo dá conta un informe do Concello de Nigrán. Tamén foi ampliado o prazo do servizo que será até o vindeiro 15 de setembro, cando ata de agora finalizaba o 31 de agosto.
Así, en cada posto de salvamento figuran fixos dous socorristas e tres voluntarios de Protección Civil en horario de 12.30 a 20.00 horas. Estes atópanse na zona de Lourido, Praia América, Panxón e Patos; en Area Fofa (Monteferro) tamén empezarán a traballar nesta semana.