Comezan as mobilizacións dos traballadores de Correos no Val Miñor. Concentración este luns na Ramallosa.

Imprimir
2066101-CCOO insta a Correos Goberno e SEPI a rectificaren Version2

Denuncian a diminución en dúas prazas do cadro laboral encargado do reparto na Unidade de Distribución Val Miñor que funciona na Ramallosa. Afirman que a decisión da directiva de Correos afectará o normal cumprimento do servizo, tanto pola sobrecarga laboral do persoal en funcións, así como pola falla de contratos para suplir baixas eventuais. Nese senso o sindicato convocou aos traballadores das oficinas de Baiona, Gondomar e Nigrán a concentrarse este luns 6 de xullo ás 9 horas na Rúa Xulián Valverde para reclamar a Correosmáis persoal no Centro de reparto do Val Miñor”.

Sinalan o rural de Baiona e Oia como os máis afectados polo plan de Correos

O sindicato sinala que a mobilización dáse como consecuencia da implantación o pasado día 1 de xuño do “estudo de dimensionamento da Unidade de Distribución de Val Miñor”, que acolle a todos os servizos de reparto tanto urbano como rural das localidades de Nigrán, Gondomar e Baiona. Afirman que esta implantación, conleva o recorte de dous postos de reparto nos servizos rurais das zonas de Baiona e Oia, así como a reorganización e adaptación de quilómetros de todo o reparto urbano e rural de Nigrán, Gondomar e Baiona.

Denuncian redución de persoal en pleno verán

A maiores desta minoración do persoal de reparto aplicada en plena tempada turística, non só non se reforza o servizo nestas localidades, que nestes meses estivais aumentan sensiblemente a actividade económica e a poboación, senón que se deixa de contratar por vacacións anuais ou outras ausencias. Isto supón ”un recargo de tarefas a sumar ao que supón o recorte de efectivos estrutural ata facer imposible o reparto diario de luns a venres como está obrigado Correos”, sinala Eusebio Cousillas Fontán, voceiro e secretario provincial de CCOO de Correos de Pontevedra.

Responsabilizan aos xestores de Correos

Isto indica unha falta de planificación dos xestores de Correos ante a non cobertura con contratación, para cubrir ausencias de persoal, unha situación que provoca un servizo á cidadanía deficiente e unhas cargas de traballo inasumibles por parte dos traballadores dentro da súa xornada laboral”, denuncian dende o sindicato.

Argumentan que “o sindicato xunto cos traballadores vense na obrigación de facer unha denuncia pública para que desde os diferentes estamentos de Correos se dote ás unidades do persoal necesario para realizar un servizo público de calidade”.

Máis mobilizacións no Val Miñor

Adiantan que ademais da concentración deste luns 6 de xullo ás 09:00 horas en Sabarís (Baiona) terán lugar outras os días 13, 20 e 27 do presente mes.

Dende CCOO sinalan que levan máis de nove meses  mobilizándose “contra as precarias condicións laborais que viven os traballadores como consecuencia dunha política de recortes que está desaguando o persoal da empresa pública e desmantelando o servizo postal público, e este feito, é un máis dos centos que se están producindo en toda a provincia de Pontevedra, onde nos últimos tres anos perdéronse máis de 400 postos fixos”.

Advirte CCOO, que se poñan sobre a mesa compromisos certeiros en materia de emprego” cunha conversión de contratos eventuais  en fixos, definición da taxa de reposición, asegurar o persoal suficiente con emprego estrutural e por circunstancias da produción. Compromiso que debe incluír un incremento salarial logo de anos de recorte e conxelación salarial”.ÂÂ