Mércores, 16 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor O aumento da demanda no verán obriga a Telefónica ampliar a cobertura de voz e datos no Val Miñor. #Baiona #Gondomar #Nigrán

O aumento da demanda no verán obriga a Telefónica ampliar a cobertura de voz e datos no Val Miñor. #Baiona #Gondomar #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
sen internet

Telefónica asegura que así dará resposta ao incremento da demanda de voz e datos derivada da afluencia masiva de visitantes no verán. A medida afecta a Baiona, Gondomar e Nigrán segundo un comunicado emitido este venres pola empresa. Nel sinala que igual decisión tomouse para O Morrazo, O Salnés e Vigo. Telefónica asegura ter investido próximo ao millón de euros para mellorar a cobertura galega cun plan especial a tal fin.

Anuncia que reforzou a capacidade da súa rede móbil nas comarcas de O Val Miñor, O Morrazo, O Salnés e Vigo "para dar resposta ao incremento de tráfico de voz e datos que se produce todos os veráns coa afluencia masiva de visitantes", sinala a empresa.

Engaden que a medida forma parte do Plan Especial de Capacidade de Verán posto en marcha pola compañía a finais do pasado mes de xuño nos principais destinos turísticos de Galicia, e que supuxo un investimento de preto dun millón de euros.

Na provincia de Pontevedra ampliouse a capacidade das estacións base que dan cobertura aos concellos de Baiona, Nigrán, Panxón, Bueu, Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía de Arousa, Cambados, A Illa de Arousa e Vigo.

O plan contempla tamén actuacións na comarca da Mariña lucense e nas de Bergantiños, Betanzos, Ferrol e A Coruña, así como noutros puntos de especial interese turístico do interior de Ourense e A Coruña.

A empresa prometa 4G para o 87% dos galegos.

Paralelamente, Telefónica sinala que continúa desenvolvendo accións de mellora e modernización da rede móbil en Galicia como parte do seu plan de implantación de tecnoloxías ultrarrápidas, e que nos últimos anos levouna a realizar un importante esforzo inversor en comunicacións móbiles.

Anuncia que este ano investirá máis de 16 millóns de euros para levar 4G ao 87% dos galegos, tendo xa operativas nas grandes cidades de Galicia máis de 150 estacións base con banda ancha móbil ultrarrápida. Neste sentido, destacan que en Galicia a cobertura móbil superan á media española, alcanzando en 3G ao 98% do territorio -moi por encima da media estatal, do 74%-, e chegando a practicamente o 100% co resto das tecnoloxías.