Manifesto Miñor propón medidas de apoio ás reivindicacións dos dereitos da comunidade gai.

Imprimir
diversidade

O Manifesto Miñor presentou no rexistro dos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar unha instancia para que os tres concellos coloquen nun lugar visible, xunto ao resto de bandeiras, e durante o prazo dunha semana, do 28 de Xuño o 5 de Xullo, a bandeira multicolor, representativa do movemento LGTBI que agrupa á comunidade gai, lésbica, bisexual e transexual.

Argumentan que nestas datas conmemórase o aniversario das revoltas de 1969 en Greenwich Village (Nova York) "nas que a comunidade homosexual neoyorkina se enfrontou á opresión e persecución, tanto social como institucional, de persoas gais, lesbianas e transexuais. Corenta e seis anos, dende o Manifesto Miñor queremos sumarnos a esta conmemoración e, en consecuencia, mostramos o noso rexeitamento a calquera tipo de discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero".

Advirten que a pesar "dos avances da sociedade actual, sobre todo a partir da aprobación da Lei 13/2005 na que se recoñece o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, o colectivo LGTBI segue a ser obxecto de continuos actos discriminatorios, moitas veces de carácter violento. Xa que logo, cremos que os gobernos municipais teñen a obriga de contribuir decididamente á visibilización das reivindicacións de tantas persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI) e favorecer así a normalización do feito homosexual e transexual no ámbito local e a supresión de prexuizos retrógrados difundidos socialmente, que só impiden o avance cara unha situación real de igualdade, liberdade e respecto de todos os cidadáns e todas as cidadás".

Demandan aos novos gobernos municipais do Val Miñor, "un compromiso real coas reivindicacións LGTBI durante este novo mandato que acaba de comezar. De feito, parécenos unha boa forma de comezar que, con motivo da festividade do Orgullo LGTBi, contribúan á visibilización e normalización deste colectivo colocando nos concellos a bandeira-símbolo do movemento homosexual e transexual".

Lembran que este acto de visibilización" xa foi realizado no Concello de Gondomar cando Antonio Araùxo, membro e concelleiro do Manifesto Miñor, era alcalde".