Domingo, 9 Dec. 2018

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Val Miñor Dous alcaldes socialistas e un popular para un novo mapa político do Val Miñor.

Dous alcaldes socialistas e un popular para un novo mapa político do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
juan crego
pacobaston
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Sobre o medio día do sábado e con escasos minutos de diferenza asumían os tres alcaldes da bisbarra: o popular Jesús Vázquez Almuíña por cuarta vez en Baiona, e os socialistas Francisco Ferreira e Juan González en Gondomar e Nigrán respectivamente. Nos tres casos só arroupados polos votos das súas agrupacións, sendo Almuíña o que tivo as cousas máis doadas cunha maioría absoluta de 9 votos en 17. Ferreira, cos seus 4 concelleiros ao igual que Pérez cos 7 do seu grupo acadaron a alcaldía como candidatos das listas máis votadas no 24M.

As votacións non espertaron sorpresas, salvo en Gondomar. Alí se traballa na conformación dun tripartito entre o PSOE e as dúas mareas, Manifesto Miñor e CABE. Estas adiantaran a súa vontade de asegurar a investidura de Ferreira, pero sen especificar o tipo de voto que emitirían. Finalmente Manifesto Miñor optou pola renuncia a apoiar a un candidato propio e absterse na votación. No caso de CABE, a decisión foi a de dirixir os seus tres votos ao candidato propio Josué Villar.

Deste xeito, en Gondomar cada agrupación votou o seu propio cabeza de lista, salvo Manifesto Miñor que renunciou a isto. Por ende na rolda de votacións ningún candidato acadou a maioría absoluta quedando entón electo Ferreira como candidato da lista máis votada.

En Nigrán, Juan González recibiu o apoio dos 7 concelleiros do PSOE, o PP votou cos seus 6 concelleiros a Alberto Valverde, mentres que N-Decide (2 edís), UCN (1edil) e BNG (1 edil) optaron pola abstención. Sen candidato con maioría absoluta, aplicouse a mesma regra na investidura e proclamouse alcalde a Juan González

En Baiona, o PP fixo valer a súa maioría absoluta de 9 edís para investir a Almuñiña, cos votos negativos do PSOE, BNG e EU-SON.