Operativo permite deter tres mozos como presuntos responsables de roubos en #Baiona e #Gondomar.

Imprimir

Foi no correr desta mañá que un operativo da Garda Civil puido localizar e deter a dous persoas como presuntos autores dun roubo con forza nunha finca de Gondomar. O delito, roubo dun xerador, ferramentas e danos e lesións a dous cabalos, fora denunciado o pasado mes de decembro. No transcurso desta pescuda, o corpo de seguridade tamén puido identificar a un veciño de Baiona como cómplice do delito, quen actualmente atópase ingresado no Centro Penitenciario de A Lama onde cumpre condena.


Os detidos en Gondomar foron identificados polas iniciais A.T.F. e A.B.R. , ambos ous dous de 20 anos e con antecedentes policiais. Ambos os dous quedaron en liberdade coa obriga de presentarse no Xulgado de Instrución 7 de Vigo cando sexan requiridos.
A persoa que cumpre condena en A Lama, J.J.T.F. de 22 anos, tamén está imputada doutor roubo nunha vivenda de Baiona o pasado mes de decembro, segundo informe da Garda Civil.