Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Antonio Araújo: "somos a única candidatura que presentamos un programa especifico para o conxunto do Val Miñor."

Antonio Araújo: "somos a única candidatura que presentamos un programa especifico para o conxunto do Val Miñor."

Correo-e Imprimir PDF
antonio araujo 2015

55 anos. Nacido e vivindo en Gondomar. Deliñante de profesión, agricultor ecolóxico. Actual concelleiro nacionalista non adscrito e alcalde de Gondomar entre os anos 2007 e 2009. "Animoume a participar neste proxecto porque entendín que agora tocaba poñer todo o capital político que podía ter e a experiencia de tantos años de loita ao servizo da veciñanza, para que sexa esta quen fale con voz propia no Concello, sen intermediarios, e sobre todo sen tutelaxes. É a hora das persoas que levan anos loitando a carón da xente nas asociacións veciñais, comunidades de montes, nas asociacións de mulleres, nos colectivos de defensa dos dereitos cívicos, contra a estafa das preferentes, etc. É a hora da veciñanza!"


Economía


Gondomar, xunto aos concellos do Val Miñor atópanse na cola de concellos de Galicia con menos inversión por habitante, nunha media de 25€/habitante? Que opinión lle merece a actual política de gastos e ingresos do Concello de Gondomar? Que eidos deberían ser correxidos con urxencia para beneficiar aos veciños?

No que se refire aos ingresos hai que procurar que as persoas que viven en Gondomar se censen no noso Concello, e asemade, buscar finanzamento para obras, sevizos, proxectos, etc, noutras administracións. No que respecta ao gasto, cómpre ser eficaces no mesmo, priorizando neste momento a emerxencia social, así como os servizos básicos: saneamento, auga municipal, ou a municipalización da recollida dos RSU.

Podería adiantar algunha proposta concreta do seu partido cara á dinamización da economía local de Gondomar? Ao seu criterio que sectores deben recibir o empuxe do goberno local?

A Vila de Gondomar ten que ser un dos motores da economía local, xunto coa ordenación definitiva do Polígono Industrial da Pasaxe, asi como a posta en valor do inmenso patrimonio Històrico e Natural de Gondomar.

A Mancomunidade do Val Miñor – Como valora os acordos/actividade deste ente supramunicipal? Cales son as súas propostas para os próximos 4 anos?

O Manifesto Miñor e unha organización de ámbito e vocación comarcal, nesa perspectiva entendemos que a Mancomunidade debe ser unha ferramenta básica para a mellora da calidade de vida da cidadanía miñorá, prestando mellores servizos e menos gravosos ao seren mancomunados. Por ejemplo a recollida dos RSU podería un deles, ou a eliminación da peaxe da autoestra para convertela nunca vía de uso interno. O Manifesto Miñor somos a única candidatura que presentamos un programa especifico para o conxunto do Val Miñor.


Emprego

Que opina das políticas de emprego desenvolvidas na última lexislatura?
U-lo esas políticas?....no mellor dos casos foron plans de emprego feitos baixo o paraguas da Deputación coa finalidade exclusivo do clientelismo político.
Qué medidas ou mecanismos propoñen para resolver a situación irregular do polígono da Pasaxe?
Rematar co proxecto sectorial que se puxo en marcha no ano 2008-2008 o goberno municipal por min presidido, e proceder a súa ordenación dacordo cos propietarios, coa C.MM. empresarios, Xunta e Concello.

Que iniciativas pode esperar a cidadanía nesta materia se vostede acadase a alcaldía?

Os concellos teñen as facultades de contratación moi diminuidas por lei, pero tamén pola carencia de recursos para facelo. O que si é obriga municipal é crear as condicións para a xeración de emprego e que as persoas emprendedoras poidan desenvolver a súa actividade: dende reducir ou eliminar as trabas burocráticas que dependan do concello, até facer do Concello un lugar atractivo para as empresas. En todo caso, aqueles empregos que dependan do Concello serían sempre realizados de maneira transparente e sen enchufismos.

Cal é a súa visión das políticas cara á xuventude adoitadas nos últimos catro anos? Que iniciativas presentará para mellorar a calidade de vida da mocidade de Gondomar?

As políticas para a mocidade nos últimos catro anos foron prácticamente inexistentes. O problema da mocidade non é tanto de falla de calidade de vida, senón de expectativas e de futuro. Cómpre arranxar de vez o transporta á Cidade Universitaria de Vigo, crear bolsas de alugueiro asequibles para a unha mocidade que se quer independizar, promover a implatanción de ciclos formartivos, ou simplemente unha formación acorde cos tempos nos IES da Comarca, etc.

Servicios sociais

Qué valoración fai das políticas sociais e de axuda á dependencia / emerxencia social dende o concello? Cales son as medidas concretas que propón o seu partido?

Os concellos como institucións máis achegadas á xente teñen que atender as emerxencias sociais aínda que as compentecias estean na Xunta, etc, moitas veces con recursos escasos. Compre aumentar a dotación orzamentaria da partida adicada á emerxencia social, comezando por rebaixar os salarios dos cargos públicos, o do alcalde o primeiro, e cuxo aforro pasaría a integrar a devandita partida de emergencia social.

Corrupción – transparencia - participación

Qué medidas concretas adoitará o seu partido de cara a erradicar a lacra da corrupción no eido local? Que cambios considera urxentes en materia de transparencia, xa sexa no acceso á información como na contratación de empresas e persoal para servizos municipais?

Os plenos municipais/ supramunicipais dos últimos catro anos non teñen sido exemplo de democracia participativa? Que medidas propoñen de cara á facilitar a participación da vecindade e dos colectivos no impulso de iniciativas populares?
O único antídoto contra esta lacra é, ademais de contar con políticos de honestidade contrastada, a participación e a transparencia da sociedade nas cuestións municipais. Hai ferramentas abondo para iso, e sobre todo creando os instrumentos legais e regulamentos de participación, consulta, etc que lle permitan á veciñanza organizada e ás persoas en xeral, participar e opinar nas cuestions que lles afecta e/ou interersan. Só desta maneira poderíamos contar dende orzamentos participados, á propia participación nas sesisón plenarias dos veciños e veciñas. A maiores, está a vontade política do Manifesto Miñor de facer destas propostas unha realidade vinculante a respeito da nosa práctica política.

Urbanismo

Ao seu criterio, cales son os principais problemas que teñen impedida a aprobación do PXOM para Gondomar? Que camiño propón para superar eses atrancos?
O impedimento principal dende hai anos para que Gondomar conte con un PXOM aprobado, non é outro que a teima dos diferentes gobernos de dereitas de Gondmar de ter un PXOM, mellor dito, un modelo de ordenación territorial do Concelle, ao servizo dos seus interese, negando todo tipo de participación, información, etc, de quen non estea na súa liña. O camiño é moi simple, abrir un proceso de información e debate social arredor do PXOM, sen trabas e con infomación para que todo o mundo poida dar a súa opinión a facer achegas sobre un modelo urbanístico que terá que ser participado polo conxunto da veciñanza.

En materia de mobilidade e transporte, cales son os principais desafíos que debe asumir o próximo goberno municipal? Que papel debe xogar o próximo goberno de Gondomar para acadar un transporte público axeitado en materia de servizo e custe?

A autoestrada do Val Miñor atópase nestes momentos infrautilizada segúndo os estudos de mobilidade e tráfico que manexa a Xunta de Galicia? Serve esta infraestructura como método útil de interconexión entre os concellos do Val Miñor? Cómo se pode sacar maior proveito para a vecindade local?
Traballar pola supresión da peaxe da Autoestrada do Val Miñor convertindo esta vía de comuniciación en algo util para a Comarca, e no que se refire ao transporte, rematar coa vergoña que por mor das concesión supón as leas entre as dúas empresas que actualmente fan o servizo entre Gondomar e Vigo. Cómpre traballar por un auténtico transporte de viaxeiros na Área Metropolitana que nos leve a Vigo, ao CUVI, ao novo Hospital de Valadares, ou incluso de comunicación interna na Comarca.

Medioambiente

Que medidas propón para por solución ao contínuo deterioro medioambiental que está sufrindo o río Miñor en parte polas deficiencias da EDAR? A Foz do Miñor, un espazo en Rede Natura machacado pola contaminación? Cales son as súas propostas para restaurar a degradación deste espazo de alto valor ecolóxico? Que outras medidas de recuperación ou melloras ambientais plantexades dende a vosa candidatura?

Coidar os ríos de Gondomar supón mellorar as condicións de salubridade, e polo tanto mediio ambientáis, da Ría de Baiona, da Foz do Miñor, dos arais, etc, A depuradora de Donas cómpre estudar a súa mellora e redimensionamento, así como novas formas de tratamento das augas residuais. Para iso haberá que xestionar os recursos necesarios en Europa, Xunta, etc....

O Manifesto Miñor propón a creación do Parque Natural "Serra do Galiñeiro" como prolongación do parque do Monte Aloia.
A creación do paseo fluvial pola beira do Río Miñor ata A Ramallosa será unha das nosas prioridades.

Ademais dos temas consultados, que propostas entende urxentes encaminar cara ó mandato 2015 – 2019?

Unha das principias será a de levar o saneamento a todas as parroquias de Gondomar.