Sábado, 14 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor Rafael Lores: “O actual goberno non ten sensibilidade ante os problemas dos veciños e veciñas de Baiona”

Rafael Lores: “O actual goberno non ten sensibilidade ante os problemas dos veciños e veciñas de Baiona”

Correo-e Imprimir PDF
rafa-lores

Rafael Lores Rosal – Baiona. Exconcelleiro e voceiro municipal do PSOE, Rafael Lores Rosal é o actual secretario xeral da executiva local da agrupación do PSOE de Baiona. A súa candidatura á alcaldía chega tras a celebración de primarias nas que ademais de afiliados, participaron por primeira vez os simpatizantes socialistas de Baiona.

Economía

Baiona, xunto aos concellos do Val Miñor atópanse na cola de concellos de Galicia con menos inversión por habitante, nunha media de 25€/habitante. Que opinión lle merece a actual política de gastos e ingresos do Concello de Baiona? Que eidos deberían ser correxidos con urxencia para beneficiar aos veciños?

O que podemos considerar un insulto é que haxa un superávit de máis de 600 mil euros no derradeiro exercicio económico e non haxa nin un só plan de inversión pública para favorecer o emprego e a reactivación do comercio e o sector pesqueiro, así como iniciativas para favorecer o acceso a vivenda.

Podería adiantar algunha proposta concreta do seu partido cara á dinamización da economía local de Baiona? Ao seu criterio qué sectores deben impulsar Baiona como concello?

Plan Estratéxico para a recuperación dos bancos marisqueiros. Apoio ás iniciativas que teñan como obxectivo o estudo e coñecemento das tradicións mariñeiras, a defensa e promoción do medio natural mariño e as actividades de pesca e marisqueo responsable e sostible. Realización dun Plan Estratéxico de Turismo de Baiona, con participación de todos os sectores implicados, para a posta en marcha de políticas turísticas seguindo os principios de innovación, calidade e promoción. Deseñar, conxuntamente co sector, ofertas turísticas destinada a poboacións próximas como Vigo, Santiago, Ourense, Porto.., con programas diarios e de fins de semana. Realzamento de "Baiona: Centro Comercial Aberto". Integrar ao sector pesqueiro como elemento dinamizador do turismo. Ampliar a oferta turística ás parroquias. Propiciar un pacto pola noite de todos e todas, onde se garanta a liberdade de xestión do ocio co dereito dos veciños a descansar.

A Mancomunidade do Val Miñor – Como valora os acordos/actividade deste ente supramunicipal? Cales son as súas propostas para os próximos 4 anos?

Actualmente a actividade e irrelevante para os veciños e veciñas do Val Miñor. Deberíanse mancomunar servizos

Emprego

Que opina das políticas de emprego desenvolvidas no concello? Que iniciativas pode esperar a cidadanía nesta materia de vostede acadase a alcaldía?

Non hai. Débese incentivar dende o Concello a contratación, con axudas e reducións nas taxas municipais. Creación dun viveiro de empresas adicado a iniciativas innovadoras en Náutica Deportiva (materiais, comunicacións, deseño, etc). Búsqueda de fórmulas para cualificar ós traballadores y traballadoras nos novos sectores de actividade: enerxías renovables, economía verde, dependencia, etc.
Impulsar un Pacto polo Emprego e a Nova Economía coa colaboración das distintas administracións e dos interlocutores sociais - empresarios e os demais axentes do sector asociativo- para lograr canto antes a recuperación económica, crear traballo e sentar as bases dunha economía máis sostible.

Cal é a súa visión das políticas cara á xuventude adoitadas nos últimos catro anos? Que iniciativas presentará para mellorar a calidade de vida da mocidade de Baiona?

Non hai. Facilitar a compra ou aluguer de vivendas para favorecer a independencia. Políticas activas de emprego. Crear programas de intercambios en distintos ámbitos para desenvolver proxectos específicos.

Servicios sociais

Qué valoración fai das políticas sociais e de axuda á dependencia / emerxencia social xestionadas dende o concello? Cales son as medidas concretas que propón o seu partido?

O actual goberno non ten sensibilidade ante os problemas dos veciños e veciñas de Baiona. Recada por multas de tráfico 155.000 euros e adica a emerxencia social 17.000 euros

Corrupción – transparencia - participación

Que medidas concretas adoitará o seu partido de cara a erradicar a lacra da corrupción no eido local?

Transparencia na xestión e nas contas

Que cambios considera urxentes en materia de transparencia, xa sexa no acceso á información como na contratación de empresas e persoal para servizos municipais?

Facilitar o acceso a información.

Os plenos municipais/ supramunicipais dos últimos catro anos non teñen sido exemplo de democracia participativa? Que medidas propoñen de cara á facilitar a participación da vecindade e dos colectivos no impulso de iniciativas populares?

Cambiar o horario e favorecer a participación veciñal

Urbanismo

A aprobación do PXOM de Baiona trae consigo desarrollos urbanísticos controvertidos como o futuro campo de golf de Baredo? Cales van ser os pros e os contras deste "equipamento deportivo" cara á vecindade?.

O anuncio do campo de Golf é propaganda electoral. Nin hai terreos nin hai prevista inversión. Non se coñece o modelo nin o impacto medioambiental.

En materia de mobilidade e transporte, cales son os principais desafíos que debe asumir o próximo goberno municipal? Que papel debe xogar o futuro goberno de Baiona para acadar un transporte público adecuado en materia de servizo e custe entre as parroquias?

Garantir a comunicación entre as parroquias

A autoestrada do Val Miñor atópase nestes momentos infrautilizada segundo os estudos de mobilidade e tráfico que manexa a Xunta de Galicia? Serve esta infraestrutura como método útil de interconexión entre os concellos do Val Miñor? Cómo se pode sacar maior proveito para a vecindade local?

Hai que suprimir a peaxe e enlazar á Universidade

Medioambiente

A Foz do Miñor, un espazo en Rede Natura machacado pola contaminación? Cales son as súas propostas para restaurar a degradación deste espazo de alto valor ecolóxico?

Recuperar a Foz como zona apta para o marisqueo

Que outras medidas de recuperación ou melloras ambientais plantexades dende a vosa candidatura?

Eliminar os vertidos á baía e esixir o saneamento do río Miñor

Ademais dos temas consultados, que propostas entende urxente encamiñar cara ó mandato 2015 – 2019?

Garantir o aparcamento os veciños e veciñas. Comedores escolares