Feijóo pide o voto aos socialistas para asegurar a victoria do PP nos concellos do Val Miñor.

Imprimir
feijoo mitin

O presidende da Xunta, Núñez Feijóo fai alusión a un posible pacto PSOE – PODEMOS e chama aos votantes socialistas a que esta vez apoien ao PP para impedir ese pacto no Val Miñor así como a chegada de "asesores de gobernos venezolanos".

As palabras do xefe do PP foron interpretadas no que se denomina a estratexia de campaña do "voto do medo", e dende PODEMOS aclaran que a formación non participa nestas eleccións muncipais como partido, nin apoian formalmente a ningúnha formación dado que a decisión non foi refrendada pola asamblea ainda que puntualizan que membros de PODEMOS Nigrán integran a candidatura da coalición Nigrán Decide - SON.

"Sabemos que si a Alberto fátanlle tres votos para la maioría absoluta, non será alcalde", salientou onte o xefe do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Referíase á situación de Alberto Valverde, alcalde de Nigrán que procura a reelección e que onte martes celebrou unha comida-mitin no salóns do Pazo da Touza en Camos. Nese senso, Feijóo fixo un chamado a formar "outra gran coalición entre os votantes do Partido Popular e os votantes do Partido Socialista que rexeitan entregar os gobernos ás mareas".

Neste senso, Feijóo lembrou tamén que esa coalición entre votantes do PP e os votantes do PSOE foi máis aló dos partidos ao longo da historia. Destacou, "esa coalición está na Transición, na Constitución, no Estatuto, constituíndo a guía de convivencia unida que quixo a maioría e que as minorías rexeitan".

O líder dos populares galegos no mitin do PP de Nigrán, acompañado polo candidato á alcaldía, Alberto Valverde, criticou a decisión do PSOE "de pactar con calquera que non sexa o PP." E tras reiterar o perigo de non poder gobernar o PP se "falta algún voto", lembrou o que pasou en Lugo, e alertou da posibilidade de "entregar, se depende deles, os gobernos de Santiago, A Coruña ou Ferrol ás franquicias nacionalistas de Podemos". "Franquicias" que segundo Feijóo achegarán "asesores de gobernos venezolanos".

As palabras de Feijóo forman parte da estratexia de campaña do "voto do medo", coa que o PP procura remontar os magros antecedentes electorais próximos, como foron as parlamentarias europeas, así como as enquisas que advirten da perda de apoios nos concellos por parte dos populares.

Por outra banda, a hipótese electoral de Feijóo non parece ter fundamento na bisbarra miñorana. De feito, Podemos Nigrán puntualizou que "non se presenta ás eleccións municipais do próximo 24 de Maio de 2015", a través de Olga Guerrero Otero, secretaria xeral de Podemos Nigrán, en declaracións a este medio. Afirmación que no seu momento tamén foron feitas por Podemos Gondomar, inda que militantes destas formacións integren candidaturas de unidade ou mareas a título persoal.