Máis de 70 voluntarios anótanse nas comisións de traballo que darán pulo ao Manifesto Miñor.

Imprimir
DSCF0673

As bases políticas e organizativas que rexerán as candidaturas de unidade veciñal nos tres concellos do Val Miñor serán definidas a partir de informes e propostas xurdidas das comisións de traballo que integrarán cidadás a título persoal. Máis de 70 veciños dos tres concellos miñoranos comprometéronse a integralas o pasado sábado no Hotel Miramar, onde coa presenza de próximo a 150 persoas, tivo lugar a primeira asemblea aberta do Manifesto Miñor.


O papel que xogarán os partidos políticos que adhiran á plataforma ocupou boa parte do debate sen que a asemblea tomara posición definitiva sobre o tema, segundo varias fontes consultadas.
Antonio Espinar, veciño de Baiona e membro da comisión fornecedora do manifesto salientou a participación veciñal así como a disposición a traballar nas comisións. Adiantou que no correr da semana se fará pública a acta da asemblea.