Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Un raio causa estragos en cinco casas de Torroña

Un raio causa estragos en cinco casas de Torroña

Correo-e Imprimir PDF
Treboada onte pola tarde en Sabaris | Imaxe Vm.info

4.360 raios, ese é o rexistro de Meteogalicia dos días 4 e 14 de novembro.

Onte caeron en Galicia máis de 1000 raios, un deles causou danos en cinco casas e unha fábrica na parroquia de Torroña.

O pasado 4 de novembro a tormenta foi aínda maior, con 3.360 raios.

O vento mantén a alerta laranxa en todo o litoral galego onde as ondas poderán chegar aos 6 metros.

Unha tormenta deixou en Galicia mil raios e até 40 litros de precipitacións por metro cadrado nalgúns puntos, durante unha xornada fría con importantes refachos de vento no litoral. Só en Galicia caeron 1.005 até as 17 horas de onte, unhas cifras moi elevadas aínda que aínda lonxe dos 3.360 do pasado martes 4 de novembro, cando o tormenta foi aínda maior. 

Non se agardan cambios significativos para este sábado, xa que Galicia continuará na influencia da borrasca situada ao sur de Irlanda e con aire frío nas capas altas da atmosfera. Así, os ceos estarán con intervalos anubrados e chuvascos, que localmente deixarán tormentas e sarabia. A cota de neve situarase arredor dos 1400 metros de altitude. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con descensos puntuais das máximas. O vento soprará do oeste, moderado no interior, con intervalos fortes nas zonas altas, e fortes no litoral.

O domingo continuará baixo a influencia da borrasca centrada ó sur das Illas Británicas, con circulación do oeste. Con esta situación, agárdanse ceos anubrados, con chuvascos intermitentes. As temperaturas continuarán sen cambios significativos, con escasa oscilación térmica e algún ascenso puntual das mínimas. Os ventos soprarán de compoñente oeste, fortes no litoral e moderados no interior e manterase a alerta no litoral, pero o nivel de alerta baixará a amarelo.

VIDEO