Sábado, 2 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Fondos europeos cofinancian próximo a 250 mil euros para a mellora de camiños municipais do Val Miñor.

Fondos europeos cofinancian próximo a 250 mil euros para a mellora de camiños municipais do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
bosch

Unha cifra próxima aos 250 mil euros recibirán de fondos europeos os tres concellos do Val Miñor para a mellora de camiños de titularidade municipais. Segundo o informado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, as cifras totais con IVE incluído (a parte do imposto corre a conta das administracións locais), será de 70.097€ en Baiona, 101.457€ en Gondomar e 79.462€ en Nigrán.

O reparto de fondos corresponde á nova convocatoria de axudas do Plan Marco, programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015, cofinanciado con fondos Feader no marco do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2015.

Para desenvolver dito plan, segundo explicou Bravo Bosch, os criterios de reparto foron consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). De tal xeito, os concellos da provincia de Pontevedra recibirán arredor de 5 millóns de euros (en concreto 4.885.847 euros) aínda que “co IVE que deben aportar os concellos, o investimento será dun total de máis de 6 millóns de euros”.