Venres, 13 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor Especialistas informarán sobre a libre elección de centros hospitalarios para veciños do Val Miñor.

Especialistas informarán sobre a libre elección de centros hospitalarios para veciños do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
povisa

Até o de agora os veciños do Val Miñor eran adscritos forzosamente ao hospital privado POVISA. Como adiantara VM.info na actualidade poderán solicitar ser atendidos nos outros hospitais públicos de Vigo. Mais as dúbidas nos procedementos, beneficios ou atrancos á hora de tomar a decisión que afectan aos usuarios non son poucas, e por outra banda, o prazo para o cambio remata o vindeiro 30 de novembro. Por iso, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor desenvolverá un coloquio informativo sobre a libre elección do centro hospitalario para os veciños da bisbarra. Será este mércores 5 de novembro ás 20 horas na Casa da Cultura de Gondomar.


No encontro intervirán Vicente Lobato Fálagan, voceiro da Plataforma da Sanidade Pública de Val Miñor, Jesús Araujo Nores, membro de SOS Sanidade Pública e médico otorrinolaringólogo do CHUVI, e Xulio Castañal Canto, membro de SOS Sanidade Pública e médico de atención primaria do Centro de Saúde de Gondomar.