Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Garda Civil incáutase de varias plantacións de marihuana en Nigrán, Praia América e Baiona

A Garda Civil incáutase de varias plantacións de marihuana en Nigrán, Praia América e Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Plantas de marihuana incautadas en Meaño | Imaxe - GC

A Garda Civil incáutase de varias plantacións de marihuana en Nigrán, Baiona, Cambados e Meaño.

Os responsables das platancións foron detidos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública.

Dentro do marco das actuacións que a Garda Civil vén realizando para a "erradicación do cultivo e venda de sustancias estupefacientes", a Garda Civil incautouse onte dun total de 25 plantas de marihuana e varios cogollos en proceso de cultivo, que foron aprehendidas en distintas localidades da provincia: Meaño, Cambados, Baiona e Nigrán.

A Garda Civil do Posto Principal de Baiona incautouse de 3 plantas de marihuana de gran tamaño, con abundantes cogollos en proceso de cultivo, localizadas no interior dunha leira cuxo propietario J.J.F.F., de 43 anos, foi imputado por un delito contra a saúde pública.

Ao outro lado do Miñor, en Nigrán os axentes do Posto Principal de Baiona tamén imputaron a M.I.A.A., de 42 anos, como suposta autora doutro delito contra a saúde pública, á que se lle incautaron 3 plantas de marihuana con varios cogollos en proceso de floración.

Noutra intervención levada a cabo nunha leira próxima a Praia América, a Garda Civil detivo tamén a J.C.S.J., de 53 anos, ao que se lle incautaron 10 plantas de marihuana.